gl/es

INFORMACIÓN DE INSCRICIÓN

COTAS DE INSCRICIÓN

INSCRICIÓN ORDINARIA

CONGRESO: 20,00 Euros

TALLERES: 10,00 Euros

A matrícula nos talleres é opcional. Para matricularse nos talleres é requisito imprescindible estar matriculado no Congreso.

Os prezos inclúen o 21% de IVE

INSCRICIÓN GRATUÍTA

  • Persoal da CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO  (Deberán acreditar cun certificado a súa pertenza a esta entidade)
  • CONCELLOS ADHERIDOS (1 matrícula gratuÍta por concello adherido)

PROGRAMA SOCIAL

CÓCTEL

Día 29 de maio - 20.30 h. Parador Hostal dos Reis Católicos  

Prezo: 25,00 Euros  (IVE 10% incluído)

A organización resérvase o dereito de cancelar a realización do cóctel se non hai un número suficiente de asistentes. Neste caso, devolverase o importe abonado ao finalizar o congreso.

TALLERES

A inscrición ao taller será voluntaria e reducida a un aforamento máximo de 15 persoas por taller. No momento de inscribirse no Congreso, deberán elixir, por orde de preferencia, os talleres nos que lle interese participar, acreditando a idoneidade para participar neles. Así mesmo, deberán enviar unha breve referencia curricular, segundo o formulario de inscrición.

Os participantes para integrar os respectivos talleres serán elixidos en función do seu perfil profesional. Unha vez valorado o currículo e comprobada a dispoñibilidade de prazas, asignaráselles o taller correspondente tendo en conta a orde seleccionada.

Confirmaráselles vía electrónica o taller asignado para que poidan proceder a realizar o pago da matrícula no devandito taller.

As conclusións dos talleres serán obxecto de publicación na web da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

De non obterse unha matrícula suficiente nalgún dos talleres, a organización poderá decidir que non se realice.

COMUNICACIÓNS

Os participantes no Congreso poderán presentar comunicacións que versen sobre temas relacionados co contido do programa. As comunicacións serán enviadas ao correo electrónico congreso.aplu@xunta.gal ata o 11 de maio de 2018  ás 15.00 horas.

GRUPO DE TRABALLO

Con posterioridade á realización dos talleres, formarase un grupo de traballo cos asistentes profesionais doutras Administracións Públicas que voluntariamente queiran participar, coa finalidade de compartir experiencias e xerar sinerxías. A participación neste grupo de traballo tamén se solicitará no momento de realizar a inscrición.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN DE INSCRICIÓNS

En ningún caso realizarase reembolso por cancelación de inscricións.
• As devolucións ou abonos correspondentes, no caso de que se autorizasen por circunstancias excepcionais, realizaranse unha vez finalizado o congreso.
• As cancelacións deben realizarse por escrito e ser comunicadas á Secretaría do Congreso, ao e-mail: info@starplanning.es

FORMAS DE PAGO

Mediante transferencia bancaria (é imprescindible que nos envíe copia da transferencia ao que deberán achegar desde a ficha de inscrición).

Unha vez comprobemos o ingreso no noso extracto bancario, notificarase a confirmación da inscrición por e-mail.

  • Titular da Conta: STAR PLANNING, S.L.U.
  • Entidade: BANCO SABADELL
  • IBAN: ES03 0081 0499 6200 0166 0771
  • BIC/SWIFT CODE: BSABESBBXXX
  • Indicar en concepto: “IV CONGRESO APLU ” + nome do congresista

Mediante cartón de crédito. Encha o apartado correspondente do formulario de inscrición. Acéptanse cartóns Visa e Mastercard.

SECRETARÍA TÉCNICA: STARPLANNING, S.L.

Teléfono: 881 978 488

e-mail: congreso.aplu@starplanning.es

O IV CONGRESO APLU, na súa aposta por manter un modelo ecolóxico, sustentable e pioneiro na emisión de certificados, implementará nesta edición que todos os certificados de asistencia, de participación nas actividades e comunicacións presentadas no Congreso se remitan en formato dixital por correo electrónico unha vez finalizado o congreso.