Presentación

Como todos os anos, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia, COETFG, impulsa esta profesión a través de distintas canles de promoción e formación, e, nos últimos anos, tamén ao amparo de XERA, Axencia Galega da Industria Forestal, seguindo o seu obxectivo conxunto de fomento da industria forestal como unha industria estratéxica, innovadora, moderna e peza clave na transición cara o novo modelo de economía circular. Para dar visibilidade a esta problemática, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia, crea a campaña Madeira de Enxeñeir@ Forestal, a cal abrangue accións de promoción e de formación con un eixo transversal común, a figura do enxeñeir@ técnico forestal.

Sede da gala

Sala de arte. Parador de Santiago de Compostela (Hostal dos Reis Católicos)

Praza do Obradoiro, 1

Santiago de Compostela

Dada a situación sanitaria que estamos a vivir este ano por mor da COVID-19, as accións formativas que abrangue a campaña de Madeira de Enxeñeir@ Forestal serán de xeito online, antepoñendo así a saúde de todos os participantes e docentes destas actividades formativas.
As accións formativas a impartir, serán as seguintes:

1. Ciclo webinars sobre habilidades directivas na cadea monte-industria
2. Videoconferencia sobre o deseño e posta en marcha do inventario forestal continuo de Galicia
3. Videoconferencia sobre planificación de cortas en rodais regulares monoespecíficos

Información de inscrición nas accións formativas

As persoas interesadas en participar en algunha ou varias das accións formativas deberán solicitar a inscrición nas mesmas a través do formulario de solicitude de inscrición facilitado máis abaixo.

  • Deberase cumprimentar correctamente os campos do formulario, sendo, de carácter OBRIGATORIO, achegar unha copia do DNI/NIE ou documento identificativo válido.
  • Non se terán en conta as solicitudes que non acheguen o documento identificativo.
  • As prazas ofertadas para cada acción formativa (26 prazas para cada unha delas), cubriranse por estrita orde de rexistro de solicitude, tendo preferencia os/as colexiados/as do COETFG.
  • As solicitudes de alumnos/as que en anos anteriores se matricularan en formación bonificada do COETFG e non asistisen ao 85% da mesma, serán penalizadas.
  • Unha vez estudadas as solicitudes baixo os criterios arriba indicados, os/as interesados/as recibirán no enderezo electrónico indicado no formulario de solicitude de inscrición, a confirmación ou rexeitamento da mesma.
  • Todas as matrículas confirmadas recibirán, tamén no seu enderezo electrónico, unha ligazón de acceso á súa área web privada, xunto co usuario e clave de acceso. Nesta área privada accederán á distinta información do curso, así como á plataforma de participación no mesmo.

Cada unha das accións formativas ofertadas conta con un máximo de 26 prazas. O COETFG resérvase o dereito de cancelación da actividade formativa no caso de non alcanzar un mínimo de 10 inscricións.

Prazo de matriculación

O prazo de matriculación estará aberto mentras existan prazas dispoñibles, nas seguintes datas:

Ciclo webinars sobre habilidades directivas na cadea monte-industria
Do 25 de setembro de 2020 ás 9.00 h ata o 15 de outubro ás 14.00 h, ou ata fin de prazas.

Videoconferencia sobre o deseño e posta en marcha do inventario forestal contínuo de Galicia
Do 25 de setembro de 2020 ás 9.00h ata o 18 de outubro ás 23.59h

Videoconferencia sobre planificación de cortas en rodais regulares monoespecíficos
Do 25 de setembro de 2020 ás 9.00 h ata o 25 de outubro ás 23.59 h, , ou ata fin de prazas.

No caso de esgotarse as prazas dispoñibles, as solicitudes recibidas con posterioridade e que cumpran os requisitos esixidos pasarán a formar parte da lista de agarda. Deste xeito, no caso de producirse algunha cancelación, cubriranse as prazas novamente dispoñibles por estrita orde de rexistro e tendo en conta os criterios especificados.

Cota de matriculación

Estas accións formativas están cofinanciadas por XERA, Axencia Galega da Industria Forestal, e polo COETFG, Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia, polo que son de carácter GRATUÍTO para o alumnado.

Política de cancelación

As cancelacións realizaranse por escrito e deberán ser comunicadas á Organización, no enderezo electrónico: formacion.coetfg@starplanning.es. No caso de non realizar a cancelación adecuadamente e posteriormente non participar en algunha ou varias das actividades, será causa de penalización en seguintes formacións bonificadas polo COETFG.

Certificacións

Será obrigatoria a asistencia ao 85% das horas lectivas para a obtención de certificacións e evitar futuras penalizacións na formación bonificada do COETFG.
Expediranse as seguintes certificacións, que se remitirán por email:
- Certificado de asistencia
- Diploma de aproveitamento

Non se expedirá ningún tipo de certificación aos alumnos que non cubran as horas lectivas obrigatorias.

Ciclo webinars sobre habilidades directivas na cadea monte-industria

Colaboran: Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía (Facultade de Psicoloxía da USC) e Asociación Galega promotora da Certificación Forestal (PEFC Galicia)

OBXECTIVO

Dotar aos asistentes dos coñecementos e habilidades necesarios para a xestión dos seus equipos de traballo, as relacións cos mandos superiores e desenvolver as funcións e competencias directivas ás que se enfrontan os mandos intermedios.

DESTINATARIOS

Encargados de equipos de traballo, directores de obra, xerentes, xestores de proxectos, responsables de áreas, etc. Dirixida en xeral a calquera profesional da cadea monte-industria ou do sector forestal que ocupe un posto de dirección ou xestión de equipos de traballo, abordando polo tanto distintos sectores profesionais.

CONTIDOS E DATAS

ACTO DE INAUGURACIÓN

Data: 16/10/2020 Horario: 16:30

Don José Ignacio Lema Piñeiro. Director de XERA, Axencia Galega de Industria Forestal

WEBINAR 1: HABILIDADES BÁSICAS I >> COMUNICACIÓN INTERPERSONAL EFICAZ
Data de impartición: 16/10/2020
Docente: Manuel Dámaso Rodríguez Fernández
Profesor Titular na Facultade de Psicoloxía da USC. Doutor en Psicoloxía Social pola USC, Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación (Psicoloxía)
Contidos:
- Funcións da comunicación
- O modelo xeral de comunicación
- A comunicación non verbal
- A Comunicación Asertiva

WEBINAR 2: HABILIDADES BÁSICAS II >> MOTIVACIÓN LABORAL
Data de impartición: 23/10/2020
Docente: Manuel Dámaso Rodríguez Fernández
Profesor Titular na Facultade de Psicoloxía da USC. Doutor en Psicoloxía Social pola USC, Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación (Psicoloxía).
Contidos:
- Concepto de motivación
- Teorías sobre a motivación
- A "Teoría Xerárquica" de Maslow
- A "Teoría de Motivación de Logro" de McClelland

WEBINAR 3: HABILIDADES DE XESTIÓN I >> O TRABALLO EN EQUIPO
Data de impartición: 30/10/2020
Docente: Carlos Montes Piñeiro
Profesor Axudante na Facultade de Psicoloxía da USC. Doutor en Psicoloxía Social, Licenciado con Grao en Psicoloxía e Diplomado en Relacións Laborais pola USC.
Contidos:
- Grupos e equipos
- Comportamentos dos grupos de traballo
- A toma de decisións en grupo
- O traballo en equipo

WEBINAR 4: HABILIDADES DE XESTIÓN II >> A XESTIÓN DO CONFLITO
Data de impartición: 06/11/2020
Docente: Carlos Montes Piñeiro
Profesor Axudante na facultade de Psicoloxía da USC. Doutor en Psicoloxía Social, Licenciado con Grao en Psicoloxía e Diplomado en Relacións Laborais pola USC.

Contidos:
- O proceso de conflito
- Manexo de conflitos
- Negociación, mediación e arbitraxe

Horarios: de 16.30 h a 19.30 h aprox.

Videoconferencia sobre o deseño e posta en marcha do inventario forestal continuo de Galicia

Colaboran: Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela) e Asociación Galega promotora da Certificación Forestal (PEFC Galicia)

OBXECTIVO

Dotar aos asistentes de coñecementos sobre a elaboración deste tipo de inventarios, mellorando deste xeito as súas competencias no deseño, parametrización de variables e modelos, e posta en marcha de inventarios forestais continuos.

DESTINATARIOS

Dirixida preferentemente a calquera profesional da cadea monte-industria, que ocupe un posto técnico, abordando polo tanto distintos sectores profesionais, entre os que destacan: produción/explotación de madeira, enxeñaría e consultoría, serradoiros e rematantes, primeira transformación...

CONTIDO

1. Deseño do inventario forestal continuo de Galicia.
2. Inventario piloto do IFCG e zonas de estudo para a identificación dos estratos.
3. Aspectos técnicos das estimacións baseadas en modelos.

Data de impartición: 21/10/2020 
Docente: César Pérez Cruzado
Enxeñeiro Técnico Forestal, Dr. Enxeñeiro de Montes, Máster en Estatística Aplicada. Investigador Ramón y Cajal da Universidade de Santiago de Compostela.
Horario: de 16.30h a 19.30h

Videoconferencia sobre planificación de cortas en rodais regulares monoespecíficos

Colaboran: Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela) e Asociación Galega promotora da Certificación Forestal (PEFC Galicia)

OBXECTIVO

Dotar aos asistentes de coñecementos sobre as últimas ferramentas informáticas para a planificación de cortas no ámbito forestal, mellorando deste xeito as súas competencias no uso destes programas, e o coñecemento das técnicas matemáticas de programación no ámbito da industria forestal.

DESTINATARIOS

A acción está dirixida preferentemente a calquera profesional da cadea monte-industria, que ocupe un posto técnico, abordando polo tanto distintos sectores profesionais, entre os que destacan: produción/explotación de madeira, enxeñaría e consultoría, serradoiros e rematantes, primeira transformación...

CONTIDO

1ª. Avaliación Técnico-Económica de programas silvícolas e optimización da xestión a nivel rodal.
2ª. Planificación de cortas a nivel monte mediante programación matemática e técnicas heurísticas.

Data: 28/10/2020
Docente: Ulises Diéguez Aranda Dr. Enxeñeiro de Montes. Profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela.
Horario: de 16.30 a 19.30 h.

SECRETARÍA TÉCNICA:

Teléfono: 881 978 488/ 648 76 24 82

e-mail: formacion.coetfg@starplanning.es

A organización e STARPLANNING, SLU, declinan toda responsabilidade por problemas técnicos alleos que poidan surxir durante a celebración das actividades formativas.